CAIXA VIAXEIRA

A CAIXA VIAXEIRA chegou  a Friol!! Dende alí chegáronnos estas fotos que recollen este momento. Vese que pesa porque vai cheíña de traballos e cousiñas! Os compañeiros de Friol fixeron un comentario nesta entrada, que podedes ler máis abaixo.
Un saúdo e boa estancia nestas terras!!







Ola a tod@s!! A caixa viaxeira segue a súa ruta e está camiño de Oleiros, do Ceip Rabadeira, logo de pasar por Bertamiráns, Ames, onde os compañeir@s do Ceip a Maía achegaron á caixa un montón de cousas. Déixovos unhas fotografías para vexades... 
Cada vez vai máis chea!!!  Un saúdo a tod@s e recordarvos que podedes deixar os vosos comentarios ao pe desta entrada se queredes... Unha aperta!












Ola a tod@s!!


Boas novas!! A caixa viaxeira xa escomezou a súa viaxe. Os primeiros en recibila serán o profesorado e alumnado do Ceip A Maía, en Bertamiráns. Esperemos que lles guste o que contén... Pola nosa parte temos moita ilusión, e estamos impacientes por ver como resulta esta actividade. Déixovos un par de fotos que reflexan o que mandamos na caixa, así como o inventario do que contén.


Un saúdo ! ! !










6 comentarios:

BIBLIOCERVO dijo...

Estou impaciente por ter novas da caixa e saber por onde anda!
Saúdos de Puca.

Vero dijo...

wow!!!!!!!!!! Vaia supercaixa viaxeira!! Que ganas de ver como se vai enchendo!!! :) Noraboa pola proposta!

xerardo dijo...

Agardamos que volva chea de novas iniciativas, seguro que disfrutaremos vendo as novedades que trae de volta. Vai ser unha festa a súa volta.

Teresa dijo...

Chegou a Friol! Ven case chea! Estamos moi ledos/as por participar e desexando ver o que trae... Noraboa pola actividade! Unha aperta!

BIBLIOCERVO dijo...

Alégranos saber dela!! Seguro que polas terras de Friol énchese de boas propostas e creativos traballos!
Un saúdo

mila dijo...

Que ben!boa terra friol d ahí é o meu mozo!!eu tamen teño ganas d coñecer a caixa!!biquiños