21 mar 2018

MOITA POESÍA NOS RECREOS DA BIBLIO

Nos recreos de poesía o alumnado esta preparando as súas recitacións sobre os poetas propostas, que son Manuel Antonio, Espronceda e Álvaro Cunqueiro. No corredor da biblioteca están expostos libros de poesía destes e doutros poetas, para que poidan elixir. Logo hai unha campaña de publicidade para anunciarse e así poder contar con público que veña escoitar as recitacións. Todo un traballo que de seguro dará uns magníficos resultados e que vos iremos mostrando a medida que teñamos imaxes.
Adxuntamos materiais para os que queirades afondar máis no tema.




No hay comentarios: