12 may. 2017

ASISTIMOS A UNHA OBRA DE TEATRO NO AEM

AEM son as siglas da  Asociación de Axuda ao Enfermo Mental Á Mariña, veciños nosos posto que o seu centro está ubicado preto do colexio. Realizan actividades moi variadas: manualidades, saídas, teatro, música...E recentemente invitáronnos a visitar o seu centro e ver unha obra de teatro " A marabillosa mente de Alicia", que adaptaron de "Alicia no país das marabillas".
Son uns xeniais artistas, fixérono estupendo, estivemos moi , pero que moi atentos e ao final sacamos unha foto todos xuntos no exterior do edificio.
Gustounos tanto a experiencia, que imos repetila, pero agora correspóndenos a nós devolver a invitación!!! Pensamos que lles gustará vernos actuar no Festival de Fin de Curso, así que cursaremos unha invitación formal!!!
Moitas gracias por compartir con nós as vosas experiencias, sensibilizarnos e ensinarnos  outras realidades!!






No hay comentarios: