7 abr. 2017

TEATRO DE SOMBRAS


Os nenos e nenas de 4º acaban de rematar, na área de Educación Física en colaboración con Expresión Plástica, unha Unidade Didáctica titulada “Luces e sombras”, na que traballaron a expresión corporal a través do teatro de sombras. Para conmemorar o Día da Muller Traballadora, interpretaron para todo o cole dúas obras baseadas nos libros de Adela Turín “Arturo y Clementina” e “Una feliz catástrofe” que tratan sobre a igualdade de xénero.


                                              

No hay comentarios: