7 abr. 2017

CAMPAÑA RECOLLIDA MATERIAL ESCOLAR PARA NENOS E NENAS DO SAHARA



Despois de ler un dos libros do Plan Lector Anual, O agasallo de Anya da autora  Sabela Núñez que logo nos vai visitar, quedamos moi sensibilizados cos nenos e nenas que por diferentes motivos, non teñen medios ou recursos para ir a escola. Algo tan básico como lápices, gomas, folios, cores...que nós seguramente  temos a montóns, sabemos que  outros  carecen deles. Por iso nos pareceu que un bo remate para a lectura deste libro, sería levar a cabo unha campaña de recollida de material escolar para enviar ao Sáhara, xa que a Ucraína resulta un pouco difícil de facer chegar.
Así que animámosvos a colaborar para que outros nenos e nenas poidan ir á escola!!
 Grazas en nome do Colexio e en especial do Equipo de Biblioteca!!

No hay comentarios: