BIBLIOCERVO.2

9 jul 2016

II FESTIVAL CINEMATOGRÁFICO E MUSICAL DO PEDROUZO


II FESTIVAL CINEMATOGRÁFICO E MUSICAL DO PEDROUZO  

De película estivo o festival fin de curso!!! Bueno, máis ben de música de cine, porque seguindo coa temática do proxecto, interpretáronse bailes e coreografías de diferentes películas. 
 Un total de oito grupos entre  infantil e  primaria foron os protagonistas  das espectaculares actuacións e, despois duns días de duros ensaios, a posta en escea estivo perfecta. 
Houbo para todos os gustos e variedades, pois tivemos a presentación das curtas elaboradas dentro do proxecto "Do conto ao cine": A cabra boba e A princesa que bocexaba a todas horas";  logo sucedéronse as actuacións por este orde:
  • WEST SIDE STORY, Por Ed. Infantil.
  • OS CAZAFANTASMAS, Por Ed. Infantil.
  • FIEBRE DEL SÁBADO NOCHE, Por Ed. Inantil.
  • MAMMA MÍA, Ed. Primaria.
  • FAMA,Ed Primaria.
  • PULP FICCION, Ed. Primaria.
  • HAIRSPRAY, Ed. Primaria.
Para rematar este festival, e como xa ven sendo tradicional, o alumnado de 6º puxo o punto final co seu baile que ensaiou con  moito segredo para sorprendernos a todos!!
E con estas actuacións que agardamos vos gusten moito, despedímonos ata setembro, cando iniciemos un novo cursoque promete ser tan emocionante e divertido coma este!!!
BO VERÁN E ATA O VINDEIRO CURSO

No hay comentarios:

Publicar un comentario