22 oct 2015

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Con motivo da conmemoración do DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, cada 24 de outubro,   realizamos no noso colexio unha gran xuntanza con moitas actividades  para todos e todas.
Como cada ano, o noso obxectivo é contribuir a impulsar e favorecer a protección das BIBLIOTECAS e dos tesouros que gardan.
        Os mestres, pais, nais, alumnos e alumnas temos en conta que  a nosa BIBLIOTECA constitúe un pilar básico, non só  como apoio ao proceso de ensino- aprendizaxe, senón principalmente para o desenvolvemento sociocultural da nosa Comunidade Educativa
A continuación tedes un tríptico informativo a través do cal poderedes disfrutar dun marabilloso relato da escritora Laura Gallego, que ilustra moi ben  o verdadeiro valor das bibliotecas e da lectura.
Aproveitaremos tamén para introducir ao alumnado no mundo do cine e na súa historia, como punto de partida para o “ano de película” que nos espera!
E PUCA creo que ten preparada algunha sorpresiña máis… quizais un agasallo?


                     Recorda, o venres 23 de outubro esperámoste na Biblio!!




No hay comentarios: