1 dic 2014

Os tres TENedORES, COCIDO SINFÓNICO

Canta música temos este curso!!! Como a mascota Puca quere que lle CANTEMOS UN CONTO, nós que somos moi ben mandados, cantámoslle un montón deles.
Organizado pola ANPA do cole, asistimos ao espectáculo de Os tres TENedORES, no que tres cociñeiros un pouco tolos, prepararon un cocido con sinfonías de toda clase: rap, rock, matemáticas e números...e moito pero que moito humor!
Cantamos esta canción de NÚMEROS:
" Un dous, un dous tres, catro cinco seis, sete oito nove dez e vas resolver a nosa operación porque
-Se a mesa na que sentamos para xantar é cadrada, cantos lados ten? Catro..."

Como queriamos aprendela, mercamos o libro- disco para a biblioteca, así podemos escoitala cando nos apeteza!



E como nos gusta a boa música, tamén mercamos o libro-disco  de GATUXOS, de Maxín Blanco, con 16 cancións pausadas, alegres e tranquilas.




Estas dúas novidades irán recomendadas no folleto de Nadal, un bó agasallo para estas datas!
COCIDO SINFÓNICO on PhotoPeach 

No hay comentarios: