24 abr 2012

AS MAMÁS E PAPÁS DE 3 ANOS CÓNTANNOS CONTOS

A aula de tres anos recibíu estos días dúas visitas marabillosas e cheas de maxia. Un día veu a mamá de Hugo Fernández acompañada da CEBRA CAMILA. Contounos un conto moi ameno e entretido e os nenos e nenas disfrutaron colocándolle as raias que o vento bandido lle roubou a Camila.
Outra tarde visitounos o papá de Adrián e xunto a el descubrimos a beleza interior co libro AVÓS e algunha pequena trasnada dos irmáns BOLECHAS .
Moitas grazas aos dous e ogallá recibamos moitas máis visitas  destas!
 Si queredes volver a oír o conto da Cebra Camila ou facer actividades sobre el, deixamos este enlace:
Un libro interactivo feito sobre este conto. Para xogar premede AQUÍ
Si queres adentrarvos no mundo dos Bolechas premede AQUÍ

Un saúdo.





No hay comentarios: