6 ene. 2012

AGRADECEMENTO A ISAAC DÍAZ PARDO


Isaac deixou dende que o coñecimos un  recordo imborrable en todo o profesorado do centro, e logo a través da súa axuda a todalas peticións do colexio fixo que este fose diferente e levase por onde queira que se mire as pegadas da Cerámica de Sargadelos e de Isaac Díaz Pardo. Dende os primeiros anos de funcionamento do colexio puxo tódolos medios que tiña ao servicio do noso centro:
-      Deunos clase aos mestres para que poidesemos ensinar a traballar o barro.
-   Puxo monitores, material e as sùas instalacións para que o alumnado do centro, traballase a arxila durante dous anos.
-    A editorial do Castro, sempre nos donou tòdolos libros que tiña adaptados a idade do noso alumnado.
-    Puxo o persoal da cerámica para que nos fixera estanterìas para as pezas feitas, ao seu diseñador para que lle nos axudara a embelecer cos seus murais e mosaicos o centro, vaixelas para sortear para as excursiòns fin de curso, cerámica para os servicios de comedor, e tantas outras cousas que sería moi longo detallar.
Pero sobre todo,  recordamos o seu exemplo como persoa, porque somentes os elexidos poden mostrar as facetas de traballador incansable, rexeitando sempre calquera tipo de privilexio e sendo o  millor exemplo de como estar por encima de vaidades e consumismo. En definitiva,  un espello para mirarse calquera xeraciòn, agardamos que nós a  través do ensino,  poidamos formar un alumnado no que apareza  algo o seu exemplo. Foi un privilexio para toda a nosa comunidade educativa poder contar todos estes anos, dende a creación do colexio, cun persoeiro coma Díaz Pardo, que sen lugar a dúbidas contribúe dun xeito moi notable no bo funcionamento do centro e que polo tanto nos sentimos fondamente tristes pola súa pérdida e  sempre teremos un gran recordo da súa persoa.



No hay comentarios: