16 may. 2018

SESIÓN DE CONTACONTOS coa Ed. Kalandraka



A horta de SimónAnimais de compañíaUn máisFrederickO coelliño brancoUn becho estrañoCores ou Piñeiro son algunhas das historias escollidas este curso para acompañar aos nosos alumnos e alumnas nunha sesión chea de contos e música da man de Kalandraka Editora. 


FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Durante toda a semana no cole realizamos moitas actividades para conmemorar o 
DÍA DAS LETRAS GALEGAS,
adicado este ano a
Mª VICTORIA MORENO



Entre outras destacamos: 
AS PEZAS ÚNICAS que viaxaron ata Madrid e Londres


AS VERBAS MÁXICAS, que como sabedes enchen de frases galegas os corredores e estancias do no colexio.



CHAPAS MANTÉN A CALMA E FALA GALEGO  e guía didáctica elaborada polo CEIP Xesús San Luís Romero, de Carballo


TEATRO: Leonardo e os fontaneiros
Obra realizada a partir do libro de Mª Victoria Moreno que vimos no teatro Pastor Díaz de Viveiro.

                               CORRELINGUA 2018 en Mondoñedo




DÍA DE EUROPA, FEIRA EUROPEA, ERASMUS +



      


O día 9 de maio celebramos a DÍA DE EUROPA porque estamos inmersos nun proxecto ERASMUS+ e, despois de que cada curso investigase sobre un país amigo, fixemos unha gran feira europea onde cada país tiña un stand para mostrar o seu traballo e explicárllelo aos cursos visitantes. 


               


                    
Foi un día maratoniano, porque viaxamos por Grecia, Turquía, Portugal, Romanía, Lituania, Polonia e...por suposto, por España. En cada estand cubríanse os pasaportes cos datos do país que con todo detalle ían explicando os guías. No recreo, e para repoñer forzas,  degustamos postres de catro países europeos: Francia, Polonia, Alemaña, Austria. Todos moi saborosos, aínda que a torta sacher foi a preferida.
Unha xornada de feira moi completa!


                   




15 may. 2018

MAMASIÑA QUE MEDO! A Mariña pensando en feminino.


Xa informamos en anteriores entradas que na semana do 7 ao 10 de maio tivo lugar en Viveiro a Exposición dos traballos A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO. Tamén informamos do programa de actividades dinamizadoras realizadas. Unha delas foi protagonizada pola  COMPAÑÍA DE TEATRO infantil ADALA de Fazouro, que representou a obra  
                          MAMASIÑA QUE MEDO
 baseada no libro do mesmo título, da escritora Chus Pereiro. 
Nesa compañía actúan nenos e nenas do Colexio de Cervo: Manuela, María e David e ademais fano estupendamente! Uns grandes artistas a quen queremos dar os parabens por tan magnífica actuación. BRAVO,BRAVO e BRAVO!!
Aproveitamos para mostrar unhas imaxes da inauguración da exposición, onde o noso alumnado  participou cantando a canción MATRIARCAS, de GAUDÍ GALEGO, e un vídeo da inauguración.


         

APRENDENDO A FACER PIZZAS CUN MESTRE PIZZERO


A semana pasada tivemos o  gran pracer de ter con nós a un MESTRE PIZZERO italiano, de  Potenza,Chamado Franco López. Recibe o nome de mestre pizzero porque en Italia hai escolas para aprender a facer esta comida típica e Franco explicounos que as facía de todo tipo de ingredientes, incluso con nutela, froitas, integrais...
                        

Este mestre explicounos como se fan as pizzas, a masa, os seus ingredientes, o tempo de cocción, etc. e despois de amasar e amasar, probamos unhas deliciosas pizzas que nos souberon a pouco, pero deixounos a receita para que poidamos facelas na casa e nós compartímola. Non deixedes de probala! 

Esta visita foi posible grazas a colaboración coa HOSTELERÍA  IES de Foz que tamén participa nun programa ERASMUS + . Moi agradecidos por esta colaboración, tanto ao IES como ao mestre  Franco López!

9 may. 2018

ENCONTROS COAS ESCRITORAS ANTÍA YÁÑEZ E MARÍA CANOSA



Maio está sendo un mes moi activo na nosa biblioteca, posto que recibimos a visita  de dúas autoras, Antía Yáñez e María Canosa. A primeira escribiu o libro " O misterio de Portomarín", incluído no Plan Lector Anual e que leron as clases de 5º e 6º.



A outra autora que nos visitou foi María Canosa. Dela leron "Muriel" as nenas e nenos de 5º e 6º e "A cazadora de estrelas " os de 4º. Ambos os dous do Plan Lector Anual.
Sempre nos encantan estas sesións cos autores e autoras,   porque aproveitamos para facerlles preguntas sobre os libros, para aclarar dúbidas que quedaron ao rematar a lectura ou simplemente para escoitar as anécdotas que nos contan. Ah! Algo que nos gusta moito é que nos firmen os libros, agasallalos cun traballo plástico e creativo e co calendario do colexio.

8 may. 2018

APADRIÑAMENTO LECTOR NO DÍA DO LIBRO

O pasado 23 de abril celebramos o Día do Libro como xa é costume no colexio, co apadriñamento lector. Os nenos e nenas maiores, de 3º, 4º, 5º e 6º  apadriñan aos nenos e nenas de Ed. Infantil, 1º e 2º de Ed. Primaria. Os días previos realízase un sorteo para ver quen son os afillados, logo ten lugar todo un proceso de investigación para coñecer os gustos literarios dos afillados levado a cabo coa axuda das titoras e co maior segredo posible para que sexa toda unha sorpresa. Por fin, o día dos apadriñamentos xuntámonos todos no patio interior e cada padriño vai collendo aos seus afillados para buscar un sitio axeitado onde poder lerlles os libros. Si fai bo día, o campo de fóra e o patio de infantil son os lugares preferidos e como este ano lucía o sol, case todos estaban por fóra, enchendo o campo de fermosas imaxes que compartimos con vós. Agardamos que vos gusten!